Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

MiAVIZOR: Teleprevención sociosanitaria

MiAVIZOR es un servicio integral para personas que viven solas, preventivo, seguro y eficaz.  MiAVIZOR es un sistema inteligente compuesto por unos sensores inalámbricos instalados en el hogar, que analiza de forma autónoma y automática la rutina de la vida diaria de una persona, llegando a establecer perfiles y hábitos de vida que pasa a ser la clave del seguimiento y monitorización de la persona mayor en el hogar.  La base de comunicaciones procesa, analiza y comprueba dicha rutina, de modo que si detecta algún problema genera de forma automática una alerta o alarma, según el caso. Se puede consultar toda la información en:  http://miavizor.es/documents/miavizor.pdf

Rallye Ribeira Sacra 2012

Imagen
O 27 e 28 de outubro disputarase o I Rallye Ribeira Sacra valedeiro para o Campionato Galego de Rallyes e un dos seus tramos discurre polo noso concello: O treito "Covas-Esgos" de 11,1 km terá lugar ás 15:58 horas e unha segunda etapa ás 18:59 horas. Toda a información pode consultarse en http://www.escuderialuintra.es/

Magosto 2012

Imagen
O domingo 11 de novembro celebrarase o magosto do concello na praza da Souteira, en Esgos a a partir das 13.00 horas.  A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica, contará coa actuación dun grupo musical. As entradas poñeranse á venda nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 7 euros por persoa.  Día: Domingo, 11 de novembro Hora: 13.00 horas Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

Deporte para maiores: cachibol

Os maiores de 55 anos do concello poderán practicar deporte asistindo a clase de cachibol e ioga de risa . Lugar: Local social de O Pinto  Data e hora: os martes de 16:15 a 17:45 horas.  O cachibol é un deporte no que se favorece a mobilidade articular de todo o corpo, a coordinación corporal, a axilidade, etc. O ioga de risa é un exercicio no que se combina a risa coa respiración yóguica. Máis información sobre este deporte en http://www.xogaventura.com/cachibol/  e máis información sobre esta actividade no concello ou na biblioteca.

Clases de gaita e pandeireta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición. As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

Clases de informática para nenos

Este mes comezamos un taller de iniciación á informática para nenos que se impartirá os martes e xoves de 19:15 a 20:00 horas na biblioteca municipal. Co fin de evitar desprazamentos, unha vez que os nenos asisten ás  clases de reforzo  que está a impartir o concello, aproveitamos a ocasión e tamén participan no taller de informática.

Clases de reforzo

Os nenos de Educación Primaria deste concello poderán asistir dende hoxe a clases de reforzo que se impartirán os martes e os xoves de 17.30 a 19.30 horas. Co fin de aproveitar o tempo o máximo posible, organizaránse en dous grupos de unha hora cada un. As clases prolongaránse durante todo o curso escolar.