Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

Concurso de deseño de selos de Correos

Imagen
"Disello" é un concurso no que podes demostrar o teu talento deseñando un selo para Correos. Categorías: Categoría xeral: Aberta a residentes en España maiores de 18 anos á data de inicio do concurso. Con temática libre. Categoría xuvenil: Para residentes en España con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos. A temática versará sobre a vindeira celebración do "Ano Internacional da Luz" declarado pola ONU para o 2015. Premios: Contémplase un total de 4 premios, dous por categoría. Primeiro premio: producción e emisión dun selo de tirada nacional co deseño do ganador/a, o seu nome e primeiro apelido en 2015  e unha viaxe para dúas persoas a París onde se celebrará o Salón Internacional de Filatelia 2015. Segundo premio: pregos de deseño do participante e unha tablet valorada en 400 euros. Data límite de presentación: 30 de setembro de 2014. Máis información: http://www.disello.com/es/participa/

Campamento educativo durante a Semana Santa

Imagen
Dentro do programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Esgos, durante as vacacións de Semana Santa os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poderán participar nun campamento educativo. Datas: luns, martes e mércores de Semana Santa. Horario: de 10:00 a 14:00 h Para poder participar é imprescinble anotarse previamente no concello ou na biblioteca.

Axudas para contratar o acceso á Internet de banda larga vía satélite

Está aberta xa a terceira convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía. O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do router wifi, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses. As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia. O prazo para a solicitude das axudas comeza mañá e rematará o día 30 de agosto. Toda a información pode consultarse no DOG

Ler conta moito

Imagen
Os nenos e nenas poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos a duas actuacións de contacontos, unha en maio e outra en setembro, enmarcadas no programa de animación á lectura Ler conta moito , da Secretaría Xeral de Cultura. As actuacións que poderán desfrutar serán: Conto contigo: espectáculo con contacontos, títeres, maxia e animación (no mes de maio) Contos do Mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central (no mes de setembro) Cando se vaian aproximando as datas de celebración voltaremos a facer publicidade destas actividades.

Dia mundial da marioneta

Imagen
Hoxe estivemos facendo marionetas na biblioteca para celebrar o dia mundial da marioneta . Cada neno e nena escolleu unha, pintouna, recortouna e cun pouco de axuda uniron as pezas. Tamén hoxe é o dia internacional da poesía , así que intentamos que cada un lera unha pequena poesía porque o tempo non deu para máis.

Charlas socioeducativas de orientación familiar

Imagen
Dentro do programa de apoio ás familias da Consellerá de Traballo e Benestar, a Asociación Xarela impartirá en Esgos 2 charlas dirixidas a familiares de nenos, nenas e adolescentes. Charla: Os perigos de internet e as redes sociais Data: xoves 3 de abril Hora: 18:30 a 20:30 h Lugar: Centro cultural Parada Justel Charla: Normas, límites e educación positiva Data: xoves 8 de maio Hora: 18:30 a 20:30 h Lugar: Centro cultural Parada Justel Inscrición gratuita nos Servizos Sociais do Concello.

Curso de telar maia

Imagen
Máis de 20 mulleres asistiron hoxe ó curso de tear maia que impartía a asociación de mulleres "Os Picotiños". Aprenderon o manexo deste singular tear e a realizar varios puntos diferentes, e para que sigan practicando, cada unha levou un tear e unha madeixa de la para a súa casa. A media tarde, as profesoras quixeron convidar a todas a infusión e pastas.                           

Probas de avaliación en competencias clave para certificados de profesionalidade

A Dirección Xeral de Emprego e Formación convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes competencias clave: Comunicación en lingua galega.  Comunicación en lingua castelá.  Comunicación en lingua estranxeira (inglés).  Competencia matemática.  O prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o 10 de abril de 2014. As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A Máis información no DOG do 14 de marzo de 2014 Lembrarvos que no noso concello se van impartir clases para preparar estes exames , así que si estás interesado en asistir, debes comunicalo o antes posible na biblioteca ou no concello.

Cea do dia da muller traballadora

Imagen
Este ano as Mulleres Rurais de Esgos “OS PICOTIÑOS” celebraron o pasado sábado dia 8 o día da Muller Traballadora no castelo de Maceda. Visitaron as instalacións, cearon no salón "A Torre" e finalizaron a noite cunha sesión de baile.                        

Premios do concurso de entroido

Imagen
Primeiro premio:   Segundo premio: Mellor individual: