Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Obradoiros audiovisuais Ribeira Sacra

Imagen
No mes de novembro impartiranse na biblioteca 2 obradoiros para nenos e nenas nos que se pretenderá analizar as vantaxes da vida no rural e gravar un vídeo no que se amosen os recursos do noso Concello.  Data e horario: 5 e 19 de novembro de 18:00 a 20:00h Lugar: Biblioteca Pública de Esgos Inscricións na biblioteca antes do luns 4 de novembro. A biblioteca estará pechada ao público mentres dure este obradoiro.

Decoración do samaín

Imagen
 🎃🎃🎃🎃🎃🎃 Comenzamos cos preparativos para o Samaín... 🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Día da biblioteca

Imagen
Ven a celebrar con nós o Dia da biblioteca!!! Levar un libro para a casa, coller un libro para o colexio, ler o periódico, xogar nos ordenadores, colorear, xogar, facer manualidades, charlar, merendar... Calquera opción é boa para pasar un ratiño. O lema deste ano é “Aptas para todos os públicos”, #BibliotecasEnIgualdad.

Samaín 2019

Imagen
🎃🎃 O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o SAMAIN cos nenos e nenas, cun percorrido polas casas dos veciños. 🎃🎃 Para participar é imprescindible: 1. Inscribir aos nenos e nenas na biblioteca antes do luns 28 2. Colaborar coa organización ou con algún dos veciños que nos abren as súas casas.

Educación positiva

Imagen
Obradoiro gratuito para pais e nais: EDUCACIÓN POSITIVA. Xoves 24 de outubro, de 17:30 a 19:00h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos) Imparte Xarela Formacion Animacion

Curso de gaita e percusión

Imagen
O vindeiro sábado 5 de outubro ás 16:00 horas terá lugar a presentación do curso 2019/2020 de gaita e percusión, no local de ensaio situado na Praza da Souteira (Esgos) As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas.

Libros de lectura obrigatoria ESO

Imagen
Están a chegar á biblioteca os listados dos libros de lectura que vos piden no instituto aos rapaces e rapazas da ESO e témolos casi todos.  Moitos xa facedes uso deste servizo dende fai anos, así que só é un recordatorio.  Eiquí tedes unha pequena mostra: