Concurso fotográfico "Sobremesas do Entroido"


É ben certo que non hai entroido sen cocido, coa súa cachucha, lacón, chourizos… Pero que sería do entroido sen filloas, sen orellas, sen flores, sen chulas? Nestes meses que nos adicamos tanto a cociñar propoñémosvos participar no concurso de sobremesas do entroido.


Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de Esgos de maneira individual ou en grupo de conviventes.


Para participar, deberase enviar a info@concelloesgos.com unha fotografía entroideira do doce elaborado na casa, coma flores, filloas, orellas, larpeiras… Na foto poden aparecer os participantes ou non.


O prazo para enviar as fotografías finalizará o 16 de febreiro.

Entregaranse 5 premios de 30€ cada un para gastar nos establecementos de hostalería do Concello.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo