O xoves 19 de marzo pola tarde celebraremos o DIA DA ARBORE cunha merenda e unha pequeña plantación de árbores. Ademais, durante esta semana na biblioteca recomendaremos a lectura de obras sobre as árbores.
Os nenos e nenas que queiran participar deberán comunicalo previamente na biblioteca.
O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc. Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)
O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para asistir é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do martes 29 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada o xoves 31 de outubro
O sábado 26 de outubro ás 18:00horas terá lugar a inauguración "oficial" da nova biblioteca, que está aberta ao público dende o 3 de novembro do ano pasado. O acto estará presidido por Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense e contará coa presencia de Lourdes Parada, que doou a palleira que se rehabilitou como biblioteca. Lourdes Parada cedeu a palleira ó concello sen coste algún coa condición de que a biblitoeca levará o nome de "Delio Parada Carballo"
Comentarios
Publicar un comentario