Aberto o prazo de solicitude para as competencias clave


A Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As probas de avaliación das competencias clave realízanse normalmente en xuño no Recinto Feiral de Silleda. A superación destas probas permite ás persoas que no posúen os requisitos formativos necesarios, acceder aos certificados de profesionalidade. 

Que son as competencias clave?

As competencias clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar con aproveitamento os módulos dos certificados de profesionalidade, co fin último de fomentar a calidade e a integración da formación profesional para o emprego.


As competencias clave convocadas son:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

As competencias clave poden ser:

  • de nivel 2, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2
  • de nivel 3, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3

Solicitudes:

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de febreiro de 2024.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A

Máis información no DOG do 15 de xaneiro de 2024 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave?langId=es_ES




Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo