Axudas para a obtención do permiso de conducir





A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Importe das axudas:

  • 400 € para o carné B
  • 650 € para o Carné C
  • 1.300 € para o carné D


Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.


Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

Enlace ao DOG

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo