Campamento de verán 2021


O campamento de verán Esgos 2021 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada.


DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.


NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.

En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.


CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación:

1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM

2. Familias empadroadas no concello de Esgos

3. Familia monoparental

4. Que ambos proxenitores traballen actualmente

5. Familias numerosas.


No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.


HORARIOS E QUENDAS: Este campamento levarase a cabo de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas, durante os meses de xullo e agosto.

Do 5 ao 16 de xullo

Do 19 ao 30 de xullo

Do 2 ao 13 de agosto

Do 16 ao 27 de agosto

Estas quendas son orientativas.


PREZO: Os prezos son os seguintes:

10 €/quincena para os empadronados

20€/quincena para os residentes non empadronados

As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.


NORMAS DE FUNCIONAMENTO: Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.

Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.

Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.

Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de Prevención do Concello de Carnota, no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.


OBSERVACIÓNS:

1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.

2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha botella de auga.

3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.


PRAZO E INSCRICIÓNS: o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 17 ata o 29 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico info@concelloesgos.com ou biblioesgos@gmail.com

A partir do 30 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo