Día Mundial da concienciación sobre o autismo

O pasado 2 de abril celébrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do Autismo (TEA) e contribuir a promover a participación e a igualdade de oportunidades das personas autistas e as súas familias. 

Dende o Concello de Esgos queremos levar a cabo un pequeno xesto: colocaremos carteis con pictogramas nos diferentes edificios públicos e establecementos comerciais, tratando de mostrar o noso apoio ás persoas con autismo, aos seus familiares e amigos e á sociedade en xeral. 


Os pictogramas (imaxes que representan un obxecto, acción ou mensaxe) sirven de axudas visuais para aquelas personas que teñen dificultade na comunicación.

Na biblioteca tamén dispoñemos de libros para nenos e adultos que tratan sobre o autismo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo