Día do libro 2023

Celebramos o día do libro deixando "libros ao teu carón"


Despois do éxito que tivo o ano pasado a xornada "os libros saen á rúa", na que deixamos en diferentes establecementos comerciais (bares, farmacia,...) unha caixa con libros de agasallo, este ano repetimos.

Na parada de autobuses de Esgos atoparedes unha caixa cunha selección de libros de diferentes temáticas e para diferentes idades, que podedes levar como agasallo polo día do libro. Levade os libros, pero deixade a caixa😜.

Pretendemos achegar a lectura a todos aqueles que ainda non sodes usuarios da biblioteca, achegando os libros ao teu carón, e por suposto, obsequiar aos que xa sodes socios.

Na caixa atoparedes libros coma estes e algúns máis. 


Aproveitamos para lembrarvos que facerse socio da biblioteca é gratis e da acceso a todas as bibliotecas da rede da Xunta de Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo