Expurgo en la biblioteca

As bibliotecas non somos almacéns que buscan crear grandes coleccións de libros, senón que o que perseguimos é crear coleccións de calidade e adecuadas para os nosos usuarios. Para iso é fundamental a selección, avaliación e compra de libros, pero tamén o expurgo, descarte ou eliminación daqueles que deixan de ser útiles por diferentes motivos. 

A moitas persoas pódelles chamar a atención que nos desfagamos de parte da nosa colección, pero este proceso forma parte do ciclo vital das bibliotecas. Os libros deteriorados, obsoletos, duplicados ou os que non teñen uso pola perda de interés eliminámolos da biblioteca a través de distintas formas: agasallo, doazón e mesmo tiralos.

O expurgo nas bibliotecas é unha tarefa habitual, sistemática e planificada e ademais, imprescindible.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo