Obradoiro de fabricación de coresmas

Contan que «poñe-la coresma» é unha vella tradición que constistía nun intercambio de monecos de palla que se levaban dun pobo a outro ás agachadas, porque para o que a recibía era unha gran ofensa, xa que eran obxecto de burlas ou mofas. 

Había xente que incluso pola noite do martes ao mércores de cinxa non durmía vixiando os camiños para que ningún dos pobos veciños entrara no propio para poñela coresma. O que quedaba coa coresma tiña que "aseala e alimentala" ata o vindeiro ano.

Para que as tradicións non se perdan o venres 9 de febreiro na biblioteca fabricamos coresmas e o martes de entroido voltaremos a "poñe-la coresma", para que non se perda a tradición.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo