Programación de Nadal

 


O concello de Esgos organiza diferentes actividades para este Nadal e un ano máis recollerán alimentos para colaborar coas familias máis necesitadas.



Ademais dos obradoiros de adornos de Nadal, que xa vos comentamos noutras publicacións iremos a Pazolandia



Pazolandia, o maior parque de atraccións de Galicia, situado nas instalacions do Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense.

🗓 Mércores 27 de decembro
🕢Saída en autobús de Esgos ás 10:00h

🎟 Esta actividade é gratuita para empadronados en #concelloesgos e ten un custe de 5€ para non empadroados.



Tamén poderedes participar no XXIV Concurso de postais de Nadal.

- Dirxido a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos.
- Poderase utilizar todo tipo de materiais.
- Pola parte de atrás debe poñer o nome e a idade.
- As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Aviso: Non se recollerá ningunha postal despois desta data.

Entregaranse os premios do concurso na visita dos Reis Magos prevista para o día 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada justel.


 

E ademais, este ano como novidade abriremos a biblioteca a tarde de Noiteboa, para xogar ao "Gestos", ás cartas, facer puzzles e participar nun "escape room" por Esgos


Ademais poderemos desfrutar do concerto da banda de gaitas do Concello de Esgos e dos contos e cantares de Emilio Rúa e XC Caneiro.

Boas festas!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo