Novo servizo de mensaxería


Poñemos en marcha un novo servizo de difusión das actividades da biblioteca a través do WhatsApp 607 49 44 39

Trátase dunha canle unidireccional: servirá só para que dende a biblioteca enviemos información das actividades, cambios de horario, novidades no catálogo, etc e non servirá para atender demandas, queixas ou suxestións.

Para recibir información a través do Servizo de WhatsApp da biblioteca de Esgos debe seguir estes 3 pasos:

  1. Enviarnos os seus datos mediante o presente formulario
  2. Agregar na lista de contactos do seu móbil o número de teléfono 607494439 por exemplo co nome "biblioteca Esgos"
  3. Enviar unha mensaxe ao contacto creado ("biblioteca Esgos") co texto "ALTA nome e apelidos".

Se nalgún momento quixese darse de baixa do servizo, bastará comunicalo a través do mesmo formulario e será borrado da lista de difusión.

No caso de persoas menores de 14 anos deberá outorgar o seu permiso o pai, nai ou titor do menor.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo