Axudas para as familias do Concello

O concello de Esgos ven de publicar unha liña de axudas para as familias con fillos menores de 5 anos:

Axudas á escolarización


90 euros por neno/a matriculado nos cursos de 4º,5º e 6º de Educación Infantil (3,4 y 5 años).

Serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de material escolar e complementario que sexa necesario como consecuencia da escolaridade:

  • Material escolar funxible: cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, cartafoles, tinta de impresora…
  • Material complementario: regras, estoxo, mochilas.
  • Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns.
  • Roupa de abrigo e calzado.

Axudas á natalidade


500 euros por nacemento, adopción ou acollemento de menores acaecidos nos anos 2021 e 2022.

Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como:

  • Vestimenta, calzado…
  • Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o bebé.
  • Produtos sanitarios, de hixiene e medicamentos.
  • Alimentación infantil.
  • Cueiros, babeiros, chupetes, cambiador, carriño, mobiliario...


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo