Outro xeito para os libros
Que podemos facer cos libros que xa non queremos? A primeira opción debería ser doalos, a unha asociación por exemplo e a última reciclalos no contedor do papel, pero tamén podemos darlle outro uso e de eso vai o obradoiro que vos propoñemos: facer "obras de arte" a partir de libros vellos.
Con "libros vellos" referímonos a libros que estén destinados ao lixo, por exemplo libros estropeados polo uso o a humidade. Por nada do mundo se nos ocorrería facer esta manualidade con libros en bo estado ou que podan servirlle a alguén.
Cada participante recibirá todo o material necesario para, mediante técnicas de dobrado transformar un libro nunha escultura de letras.
- Xoves 5 de outubro ás 17:30h.
Inscricións na biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario