Lingua de Namorar 2025
Pódense enviar mensaxes de amor ata o 17 de marzo!
Categorías:
- Categoría A: de 14 a 19 anos
- Categoría B: de 20 a 35 anos
- Categoría C: de 14 a 35 anos
Características das mensaxes:
As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, no caso das categorías A e B, e de 200 caracteres, no caso da categoría C, incluídos os espazos en branco en ambos os dous casos.
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Procedemento de participación:
- No caso das categorías A e B:
Para enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na páxina do concurso (http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar) para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición.
Todas as mensaxes serán publicadas na páxina do concurso e estarán identificadas polo título e mais polo número que se lles asigne. As mensaxes gañadoras serán as únicas que se identifiquen co nome e apelidos das autoras e autores.
- No caso da categoría C (exclusiva para a rede social Instagram):
Cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.
As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.
Premios:
Podes gañar unha tableta Samsung Galaxy S9 ou equivalente, un altofalante bluetooth JBL ou uns cascos sen fíos.
Máis info en Lingua de Namorar 2025.
Comentarios
Publicar un comentario