Charla informativa sobre acollemento familiar temporal

A AAVV Rocas tiña convocada para o pasado venres, 25 de abril ás 18:30 horas no centro social de Esgos, unha charla informativa sobre acollemento infantil temporal, pero houbo un cambio de última hora e a charla tivo que desenrolarse noutro lugar.


Mónica Devesa, traballadora social de Cruz Vermella e coordinadora deste programa, faloulles ós asistentes, do acollemento temporal (dende fins de semana ata un mes) de nenos e rapaces.
Estes rapaces pertencen a familas que atravensan dificultades e que neste momento non se poden facer cargo deles, de ahí ó carácter de "acollemento temporal".

Esperemos que alguén se anime a participar no programa.

Comentarios

  1. hola, queria comentar que dende hai un par de días estou incluida no programa de acollemento familiar para a tempada de navidade e o mes de vacacións que o vindeiro ano comprometinme a collelo mes enteiro para poder ter conmigo a un deses nenos. Espero que vos animades todos os que leades este comentario. É unha posibilidade unica de botar unha man os máis vulnerables sen sacrificar demasiado.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Escape room na biblioteca

Samaín