Enquisa sobre a participación xuvenil en Galicia

Dende a ONG Solidariedade Internacional Galicia están a desenvolver unha investigación sobre como participades os mozos e as mozas de entre 14 e 30 anos (ambos incluídos).

Interésalles coñecer que temas sociais te interesan, se participas ou non dalgunha iniciativa, e a túa opinión sobre se te parece importante ou non iso de “participar”.

No seguinte enlace podes acceder ao cuestionario en liña https://soligalicia.limesurvey.net/322386?lang=gl

O cuestionario é anónimo, fácil de cubrir e non dura máis de dez minutos. O prazo para cubrir o cuestionario remata o 23 de maio.

Podedes ler máis sobre o estudo na web de Solidariedade Internacional de Galicia: https://solidaridadgalicia.org/como-e-a-participacion-xuvenil-en-galicia/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo