Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"
Dentro das actividades do campamento urbano de verán, o luns 13 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que NON haberá actividades para os nenos na praza da Souteira.
Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:
- Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.
- Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.
- Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)
Comentarios
Publicar un comentario