Artes na Ribeira Sacra
Descubre a Ribeira Sacra a través dunha experiencia cultural entre arte, paisaxe e tradición.
Esta ruta permite coñecer diferentes espazos creativos nos concellos de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, O Castro de Caldelas e A Teixeira; dedicados á pintura, á escultura, ao deseño e á artesanía contemporánea, con obras inspiradas na natureza, na memoria rural e nos materiais tradicionais do territorio.
Esta actividade forma parte do Laboratorio de Experiencias Turísticas do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para crear e testar novas propostas vinculadas á cultura, á natureza, á auga, á creación artística e á produción local.

Comentarios
Publicar un comentario