Nova data para o contacontos "Fantasías de papel"


Fátima Fernández explicaranos a historia e os tipos de libros móbiles ou despregables que existen, de transformación, solapas, imaxes emerxentes, lingüetas, carrusel, etc…

Mostrará libros que utilizan éstas técnicas e contaranos historias nas que o protagonismo lévano as figuras que se despregan desde o seu interior. 

Esta actividade está dirixida ao público infantil, de entre 3 e 14 anos.

  • Data: Venres 27 de agosto
  • Hora: 11:30 h
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos
Esta sesión de contacontos está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Protocolo covid_19:
- A actividade realizarase ao aire libre
- Obrigatorio máscara
- Aforo limitado, sen reserva de prazas (Por orde de chegada ata completar o aforo)
- Os nenos e nenas deben estar acompañados dun adulto que se encargará de manter a distancia de seguridade.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo