Campaña solidaria "Nas súas mochilas, o seu futuro"


Dende a biblioteca de Esgos queremos colaborar coa campaña solidaria de recollida de material escolar novo organizada pola Fundación Amigos de Galicia.

O obxectivo é encher con material escolar novo 974 mochilas que se entregarán a nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade social, para que poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.

Así que recolleremos dende hoxe ata o venres MATERIAL ESCOLAR NOVO, que entregaremos no centro comercial Ponte Vella o sábado día 4.

Precísanse: libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas... e calquera outro tipo de elementos coma compases, carpetas, regras ou mascarillas infantiles. O único requisito é que todo o material entregado sexa totalmente novo.

Máis información en: https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/material-escolar-2021

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo