Novembro, mes violeta


Para conmemorar o Dia Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres (25 novembro) propoñemos para o mes de novembro diferentes actividades:


  • Obradoiro de autocoidado
Os venres de novembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel:

Trátase dun obradoiro práctico no que cada xornada tratará sobre un tema: Vivir conscientemente e sen estrés, lidiar coa ansiedade, Autoestima e quererse máis a unha mesma e Liberarse do que nos fai infelices.

Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.

Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada os venres do mes de novembro


  • Exposición fotográfica Inmarcesibles
‘Inmarcesibles’ é unha exposición itinerante, impulsada dende os Servizos Sociais do Concello de Sober con financiación do Ministerio de Igualdade sobre a beleza real feminina.

Poderase visitar do 29 de novembro ao 2 de decembro. Horario pendente de confirmar.

  • Biblioteca violeta
Os préstamos de libros sobre feminismo, violencia de xénero, etc realizados na biblioteca durante este mes irán acompañados dun pequeno agasallo.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo