Plan lectura da Deputación de Ourense
📚 A Deputación de Ourense lanza un programa de fomento da lectura "Plan lectura", que consiste en axudas de 20 euros para os menores de idade destinadas á compra de libros.
Subvenciónase 1 libro por menor (Se o libro custa máis de 20 €, terás que pagar a diferenza). Quedan excluídos os libros de texto, o material escolar, revistas e publicacións periódicas.👤 Quen pode solicitalo?
Nacidos/as a partir do ano 2008 (menores de idade).
Empadroados/as en calquera concello da provincia de Ourense.
🗓️ Prazos:
A compra de libros debe realizarse a partir do 15 de outubro.
O prazo remata o 18 de decembro de 2026 (ou ao esgotar o crédito dispoñible).
📲 Como conseguir o teu libro?
Rexístrate na web ➡️
.plandelectura.depourense.gal Recibe o teu código: Tras introducir os datos do menor e do/a titor/a, recibirás un código alfanumérico por SMS ou correo electrónico.
Acude á librería: Presenta o teu código + DNI en calquera das librerías adheridas (consulta a listaxe na web).
Confirma a compra: Recibirás unha confirmación instantánea no momento da entrega do libro.
🔗 Toda a información e resolución de incidencias en:

Comentarios
Publicar un comentario