Escritos de Otero Pedrayo

Solicitamos a vosa colaboración!

Queremos investigar e afondar en dous datos aos que fai referencia Otero Pedrayo nun dos seus escritos, polo que agradeceriamos calquera información ou pista que nos poidades achegar:

  • O «peto de ánimas de la Portela», situado, segundo a referencia, nos concellos de Esgos ou Pereiro de Aguiar. Alguén coñece a súa localización ou pode achegarnos información?
  • A identidade dun home de Vilar de Ordelles, do que Otero Pedrayo escribe:

«Después de haber sido seminarista en Orense, emigró a Cuba, volvió en 1917, tomó parte en la agitación agraria, murió joven, dejando en el país, de Vilar de Ordelles y Rocas, fama de muy letrado. Quiso escribir la historia de su pueblo».

Quen podería ser esta persoa? Hai alguén que conserve lembranzas, documentos ou referencias familiares que nos axuden a identificala?

Calquera achega, por pequena que pareza, pode ser importante para recuperar e reconstruír a nosa memoria colectiva.


Aproveitamos para recordarvos que o sábado 28 de novembro, ás 19:00 h, o Centro Cultural Parada Justel acolle a proxección do documental OTERO PEDRAYO, DEREITO Á PAISAXE, de María José Bravo Bosch.

Unha oportunidade para achegarnos á figura de Ramón Otero Pedrayo, unha das grandes voces da cultura galega, e descubrir a súa relación coa paisaxe, a historia e a identidade do noso país.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Invitacións para Funtastik

Samaín