Trampas para velutinas
Esta semana o primeiro usuario do día que leve un libro en préstamo da biblioteca levará como agasallo unha trampa para velutinas.
É un pequeno detalle da biblioteca para que vos animedes a colocar trampas, xa que a primavera e o outono é o millor momento para atrapar as raiñas e conseguir así que non construan os niños.
- Estamos usando o seguinte preparado para as trampas:
Mesturar 5 litros de auga con media pastilla de fermento e 1 kg de azúcar. Deixar que fermente durante 24 ou 48 horas. Repartir nas trampas engadindo medio vaso de zumo de arandos ou cervexa negra.
Comentarios
Publicar un comentario