O Concello de Esgos dispón dun número limitado de invitacións para Funtastik, válidas do luns 5 ao xoves 8 de outubro. Entregarase unha entrada por neno/a maior de 3 anos (menores de 3 anos gratis) empadroado/a no Concello de Esgos ata esgotar existencias. COMO SOLICITAR AS ENTRADAS: Abrimos o prazo de solicitude hoxe, venres 2 de outubro, ás 17:30 h. Solicita a túa enviando un WhatsApp ao 607 494 439 (Biblioteca Municipal) indicando nome e apelidos do neno/a. IMPORTANTE: ▪︎ As solicitudes recibidas antes das 17:30 h non serán válidas. Tampouco se aceptarán reservas por chamada telefónica nin por outros medios. ▪︎ As invitacións asignaranse por estrita orde de recepción da mensaxe, ata esgotar as unidades dispoñibles. ▪︎ As invitacións recolleránse na biblioteca
OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CABAZAS 📅 Venres 23 de outubro ás 18:00 h na biblioteca Para participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 21 de outubro. PERCORRIDO POLAS CASAS 📅 Venres 30 de outubro ás 17:30 h Percorreremos as rúas visitando as casas dos veciños e das veciñas, nunha tradición que combina diversión, misterio e… un pouquiño de medo! Para participar, é necesario inscribirse na Biblioteca antes do martes 27 de outubro, onde se explicarán todas as condicións do percorrido. 🧟♀️ MANICOMIO ESGOS (CASA DO TERROR) 📅 Venres 30 de outubro de 18:30 a 20:30 h no Centro Cultural Parada Justel O “Manicomio Esgos” abrirá as súas portas para recibir a todas aquelas persoas que se atrevan a entrar… Para todos os públicos. Non é necesario inscribirse. O acceso será por orde de chegada. Maneiras de inscribirse: Presencialmente na biblioteca Por whatsapp á biblioteca: 607494439 Por teléfono: 988482684 (biblioteca) Por correo electrónico a biblioesgos@gmail...
A semana pasada comezaron 14 persoas o curso de iniciación á informática, distribuidos en dous grupos: luns e mércores, e outro os martes e xoves. Nesta imaxe podedes ver a algúns dos integrantes do grupo dos luns: E nesta, a algunhas do grupo do martes:
Comentarios
Publicar un comentario