Actividades previstas para este mes de xullo:

Domingo 20: Primeiro encontro de
repenicadores de campás na Igrexa de Esgos ás 11:30horas.
Mostra dos diferentes toques: procesión, defuntos, incendio, tormenta...

Luns 21:
Presentación na biblioteca municipal ás 20:30 horas do libro
Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo. Novela ambientada no universo Romasanta.

Martes 22: Clase de
ioga con +Deporte La Región ás 20:30 horas na Praza da Souteira (Esgos). Abriremos as inscricións nos vindeiros días.

D
omingo 27:
Quedada BTT para percorrer os camiños do Concello. Saída ás 9:30 horas da Praza da Souteira.

Mércores 30: Escape room dirixido á mocidade de entre 13 e 18 anos, ambientado na historia do lobishome Manuel Blanco Romasanta.
Horarios, inscricións e máis info na biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario