A administración preto de ti
Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía o Concello de Esgos solicitará á Subdelegación do Goberno unha nova xornada de "A administración preto de ti". Para poder levala a cabo é preciso un mínimo de asistentes polo que as persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca.
A xornada celebrarase en horario de mañá.
Os asistentes que o desexen e acudan o día da xornada co DNI en vigor poderán obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente para a realización de trámites perante as administracións públicas evitando así desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas.
Exemplos de trámites que se poden realizar co certificado dixital:
- Solicitar e tramitar subvencións
- Solicitar ou calcular a idade de xubilación
- Solicitar o Bono Cultural Joven
- Solicitar a tarxeta sanitaria europea
- Obter o informe de vida laboral
- Consultar o saldo de puntos do carné de conducir
- Solicitar a prestación por desempleo ou o certificado de antecedentes penales
- Solicitude e renovación de licenzas de armas
- Consultar os datos dos inmobles do titular
- Acceder ao historial clínico
- Pagar multas e impostos
Comentarios
Publicar un comentario