Charla informativa sobre servizos online da administración


Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía solicitaremos á Subdelegación do Goberno unha nova xornada informativa dentro do programa "A administración preto de ti" pero, diferente das anteriores.

Nesta ocasión o que propoñemos é unha charla informativa pola mañá para dar a coñecer entre a veciñanza os servizos que maior interese xeran do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) como son: as prestacións e subsidios por desemprego, os requisitos e trámites precisos para acceder á xubilación, informe de vida laboral e cotizacións, realización de xestións a través da sede electrónica, entre outros.

Para poder levala a cabo é preciso un mínimo de asistentes polo que as persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Funtastik - No limits

Samaín