CURSOS GRATUITOS EN COMPETENCIAS DIXITAIS



Dende o Concello coa Fundación Cibervoluntarios propoñemos formacións gratuitas en competencias dixitais para o vindeiro ano. 

Propoñemos 2 cursos: Ocio dixital e Tecnoloxía e Benestar. Cada curso ten unha duración de 12 horas que se repartirán en 4 días (3 horas/día)

Os cursos están destinados á poboación en xeral de entre 18 e 59 anos e tamén ás persoas maiores de 60 anos. 

Para que se poida celebrar algún dos cursos necesítase un mínimo de 8 participantes inscritos con antelación polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na biblioteca o antes posible.

Máis info na biblioteca.


 





Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Samaín

Escape room na biblioteca