Entradas

Escritos de Otero Pedrayo

Imagen
Solicitamos a vosa colaboración! Queremos investigar e afondar en dous datos aos que fai referencia Otero Pedrayo nun dos seus escritos, polo que agradeceriamos calquera información ou pista que nos poidades achegar: O «peto de ánimas de la Portela» , situado, segundo a referencia, nos concellos de Esgos ou Pereiro de Aguiar. Alguén coñece a súa localización ou pode achegarnos información? A identidade dun home de Vilar de Ordelles , do que Otero Pedrayo escribe: «Después de haber sido seminarista en Orense, emigró a Cuba, volvió en 1917, tomó parte en la agitación agraria, murió joven, dejando en el país, de Vilar de Ordelles y Rocas, fama de muy letrado. Quiso escribir la historia de su pueblo». Quen podería ser esta persoa? Hai alguén que conserve lembranzas, documentos ou referencias familiares que nos axuden a identificala? Calquera achega, por pequena que pareza, pode ser importante para recuperar e reconstruír a nosa memoria colectiva. Aproveitamos para recordarvos que o sábado ...

Premio María Moliner 2026

Imagen
  La Biblioteca Pública Municipal de Esgos ha vuelto a ser reconocida en el Concurso de Proyectos de Animación a la Lectura María Moliner, convocado por el Ministerio de Cultura. La resolución definitiva de la XXVI edición del certamen, publicada hoy, confirma la concesión de un premio dotado con 2.777,77 euros, que se destinarán a la adquisición de nuevos libros para la biblioteca. Este concurso tiene como objetivo reconocer las mejores iniciativas de fomento de la lectura desarrolladas por municipios de menos de 50.000 habitantes, poniendo en valor el papel de las bibliotecas públicas como espacios fundamentales para promover el hábito lector y dinamizar la vida cultural de sus comunidades.

Documental: OTERO PEDRAYO, DEREITO Á PAISAXE

Imagen
O sábado 28 de novembro ás 19:00 h o Centro Cultural Parada Justel acolle a proxección do documental OTERO PEDRAYO, DEREITO Á PAISAXE de María José Bravo Bosch. Unha oportunidade para achegarnos á figura de Ramón Otero Pedrayo, unha das grandes voces da cultura galega

Aviso

O mércores 4 de novembro a biblioteca estará pechada. Desculpen as molestias

La biblioteca que somos: celebramos el Día de las Bibliotecas

Imagen
El próximo 24 de octubre es el Día de las Bibliotecas y desde la biblioteca de Esgos, queremos celebrarlo de una manera sencilla, pero muy especial: compartiendo libros, recuerdos y recomendaciones. Para ello preparamos una pequeña selección de libros de diferentes géneros y temáticas, con algunas recomendaciones para quienes quieran descubrir nuevas lecturas o encontrar su próxima historia favorita.  Además de ésta, tendremos otra selección de libros nuevos que incorporamos al catálogo de la biblioteca: Pero una biblioteca no es solo un lugar lleno de libros. También es un espacio para descubrir historias, aprender cosas nuevas, encontrar inspiración y compartir momentos. Y, sobre todo, es un lugar que cobra vida gracias a las personas que pasan por aquí cada día. Por eso os proponemos dejar vuestras recomendaciones de libros, compartir un recuerdo o proponer ideas en el espacio «Gracias por formar parte de la biblioteca» o directamente en las redes sociales.

Plan lectura da Deputación de Ourense

Imagen
  📚 A Deputación de Ourense lanza un programa de fomento da lectura "Plan lectura", que consiste en axudas de 20 euros para os menores de idade destinadas á compra de libros. Subvenciónase 1 libro por menor (Se o libro custa máis de 20 €, terás que pagar a diferenza). Quedan excluídos os libros de texto, o material escolar, revistas e publicacións periódicas. 👤 Quen pode solicitalo? Nacidos/as a partir do ano 2008 (menores de idade). Empadroados/as en calquera concello da provincia de Ourense. 🗓️ Prazos:   A compra de libros  debe realizarse a partir do  15 de outubro.  O prazo remata o 18 de decembro de 2026 (ou ao esgotar o crédito dispoñible). 📲 Como conseguir o teu libro? Rexístrate na web ➡️ plandelectura.depourense.gal . Recibe o teu código: Tras introducir os datos do menor e do/a titor/a, recibirás un código alfanumérico por SMS ou correo electrónico. Acude á librería: Presenta o teu código + DNI en calquera das librerías adheridas (consulta a...

Samaín

Imagen
OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CABAZAS 📅 Venres 23 de outubro ás 18:00 h na biblioteca Para participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 21 de outubro. PERCORRIDO POLAS CASAS 📅 Venres 30 de outubro ás 17:30 h Percorreremos as rúas visitando as casas dos veciños e das veciñas, nunha tradición que combina diversión, misterio e… un pouquiño de medo! Para participar, é necesario inscribirse na Biblioteca antes do martes 27 de outubro, onde se explicarán todas as condicións do percorrido. 🧟‍♀️ MANICOMIO ESGOS (CASA DO TERROR) 📅 Venres 30 de outubro de 18:30 a 20:30 h no Centro Cultural Parada Justel O “Manicomio Esgos” abrirá as súas portas para recibir a todas aquelas persoas que se atrevan a entrar… Para todos os públicos. Non é necesario inscribirse. O acceso será por orde de chegada. Maneiras de inscribirse: Presencialmente na biblioteca Por whatsapp á biblioteca: 607494439 Por teléfono: 988482684 (biblioteca) Por correo electrónico a biblioesgos@gmail...

Invitacións para Funtastik

Imagen
O Concello de Esgos dispón dun número limitado de invitacións para Funtastik, válidas do luns 5 ao xoves 8 de outubro. Entregarase unha entrada por neno/a maior de 3 anos (menores de 3 anos gratis) empadroado/a no Concello de Esgos ata esgotar existencias. COMO SOLICITAR AS ENTRADAS: Abrimos o prazo de solicitude hoxe, venres 2 de outubro, ás 17:30 h. Solicita a túa enviando un WhatsApp ao 607 494 439 (Biblioteca Municipal) indicando nome e apelidos do neno/a. IMPORTANTE: ▪︎ As solicitudes recibidas antes das 17:30 h non serán válidas. Tampouco se aceptarán reservas por chamada telefónica nin por outros medios. ▪︎ As invitacións asignaranse por estrita orde de recepción da mensaxe, ata esgotar as unidades dispoñibles. ▪︎ As invitacións recolleránse na biblioteca

Debuxar letras

Imagen
O venres aprendemos na biblioteca a debuxar letras con Alba Farto. Esta actividade forma do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia para bibliotecas.

Escola de gaita, pandeireta e percusión

Imagen
Inicio do curso da escola de pandeireta, gaita e percusión. Reunión inicial o sábado 26 de setembro ás 17:30h no local da Praza da Souteira (Esgos)

Comeza un novo curso!

Imagen
  Dende a biblioteca queremos desexarvos unha feliz volta á clase e pedirvos aos alumnos e aos pais e nais que nos comuniquedes canto antes que libros de lectura ides necesitar durante este curso. Así poderemos preparar os exemplares con tempo e asegurarnos de que estean dispoñibles cando os necesitedes.

Certificado dixital

Imagen
Dende o Concello pretendemos organizar unha nova sesión do programa “A Administración Preto de Ti” para a que é preciso un mínimo de 15 persoas interesadas. Funcionarios/as da Subdelegación desprazaríanse unha mañá ata Esgos para atenderte de forma personalizada e: Expedir o teu Certificado Dixital directamente no teu teléfono móbil. Ensinarche a usalo para que fagas os teus trámites habituais dende casa, sen desprazamentos nin colas. Apúntate nas oficinas municipais ou na biblioteca. ¡Aproveita esta oportunidade e fai a túa vida máis fácil coa administración dixital!

Obradoiro de lettering

Imagen
  Gústache debuxar ou pintar? Queres aprender a dar os primeiros pasos na técnica do lettering?  O lettering tamén coñecido como rotulación, consiste en debuxar as letras o que permite mellorar a ortografía, ampliar o vocabulario e favorece a concentración e a relaxación. Venres 18 de setembro  De 18:00 a 20:00 horas Biblioteca de Esgos Este obradoiro está dirixido á mocidade e persoaas adultas. Inscríbete na biblioteca.

IV Mercadillo veciñal de segunda man

Imagen
  Domingo 13 de setembro De 11:00 a 19:00 horas Praza de Saa e Praza do Afiador. Atoparedes unha chea de obxectos para intercambiar ou mercar a prezos moi moi reducidos. Unha oportunidade perfecta para darlles unha segunda vida ás cousas e descubrir auténticos tesouros! Os postos do Mercadillo Veciñal están destinados exclusivamente aos veciños e veciñas do Concello de Esgos. Os veciños interesados en instalar un posto no mercadillo deberán solicitalo nas oficinas municipais ou na biblioteca antes do 10 de setembro.

2ª XUNTANZA DE ENTROIDOS DO CONCELLO DE ESGOS

Imagen
  Domingo 13 de setembro ás 12:00 h na Praza da Souteira (Esgos) Nesta segunda xuntanza contaremos coa participación de: Cabreiros de Muiños Fulión de Viana do Bolo Follateiros de Lobios Pantallas de Xinzo Felos e Madamas de Esgos Organiza a Asociación cultural-etnográfica Felos e Madamas do Concello de Esgos coa colaboración do Concello de Esgos

Pechado por vacacións

Imagen
A biblioteca estará pechada dende o luns 17 de agosto ata o venres 28 de agosto

Kit de Intervención en Pedagogía de Emergencia

Imagen
  ¿Recuerdas el seminario "No hace falta ver el fuego para saber que el mundo está en llamas? Aunque la edición prevista para julio no se puedo realizar por no alcanzar el mínimo de participantes, los ponentes te invitan a participar en este seminario online gratuito. Kit de Intervención en Pedagogía de Emergencia (40 horas) Aprende herramientas y recursos para acompañar a niños, adolescentes y adultos afectados, directa o indirectamente, por eventos traumáticos y grandes catástrofes. Fechas: Domingos 2, 9, 16 y 30 de agosto; 6, 13, 20 y 27 de septiembre. Horario: 15:00 a 20:00 h Dirigido a docentes, familias, personal sanitario, psicólogos/as, terapeutas, educadores/as sociales, cooperantes, voluntariado y todas las personas comprometidas con el acompañamiento en situaciones de crisis. Inscripciones e información: Únete al grupo de WhatsApp: https://chat.whatsapp.com/CzbWN0fJre5DeNoDJxpAsA Coordinación: Jennifer Tovar (Venezuela) Guille Mealla y Diana Tessari (España)

Aviso

 Aviso:  O venres 17 de xullo a biblioteca estará pechada

Horario de verán

 O luns 13 de xullo comezamos a abrir polas mañás. De luns a venres de 11:30 a 14:00h

Alimentación, clave no ciclo das mulleres

Imagen
Este xoves ás 18:00h no local social de Pardeconde charla sobre a importancia da alimentación no ciclo das mulleres