Dende o Concello pretendemos organizar unha nova sesión do programa “A Administración Preto de Ti” para a que é preciso un mínimo de 15 persoas interesadas.Funcionarios/as da Subdelegación desprazaríanse unha mañá ata Esgos para atenderte de forma personalizada e:

Expedir o teu Certificado Dixital directamente no teu teléfono móbil.

Ensinarche a usalo para que fagas os teus trámites habituais dende casa, sen desprazamentos nin colas.
Apúntate nas oficinas municipais ou na biblioteca.
¡Aproveita esta oportunidade e fai a túa vida máis fácil coa administración dixital!
Comentarios
Publicar un comentario