Entradas

Campamento de verán 2021

Imagen
O campamento de verán Esgos 2021 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada. DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade. En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran. CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación: 1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM 2. Familias empadroadas n...

Pioneiras

Imagen
O buque oceanográfico "Ángeles Alvariño" fíxose famoso desgraciadamente por ser o encargado de realizar as tarefas de procura das nenas de Tenerife.  Este barco que conta coas últimas tecnoloxías e leva a bordo a técnicos e científicos usouse por primeira vez en España para a procura de persoas.  Pero, quen foi a muller que dá nome a este emblemático buque? Ángeles Alvariño naceu o 3 de outubro de 1916 nun pequeno pobo costeiro de Galicia, Serantes. Era filla dun médico e dunha profesora de piano. Estudou Bacharelato en Santiago de Compostela e en 1934 trasladouse a Madrid para completar a súa formación en Ciencias Naturais. A carreira viuse interrompida pola Guerra Civil e tivo que regresar a Galicia. Finalmente, puido retomar os seus estudos e accedeu a unha bolsa para traballar no Laboratorio da Marine Biological  Association. Ángeles converteuse na primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica .  É a única científica espa...

NON

Imagen
NON é un fanzine colaborativo feito en Esgos, que reúne poesía, relatos, ilustracións e fotografía feito por xente da comarca. Xa podes recoller de forma gratuita un exemplar na nosa biblioteca. Se queres colaborar dalgunha forma non dubides en escribir a fanzinenon@gmail.com  (Fanzine: publicación periódica feita con poucos medios e de tirada reducida que trata de temas culturales)

Aprende coas mulleres galegas

Imagen
O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegarnos unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia. Maruja Mallo: foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística. Mª Victoria Moreno: foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño". Ángela Ruiz Robles: chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico. Concepción Arenal: foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traball...

As lectoras superan aos lectores na nosa biblioteca

Imagen
O número de usuarios activos (aqueles usuarios que polo menos levaron 1 libro en préstamo) é un dos indicadores de calidade das bibliotecas.  Por curiosidade quixemos saber a porcentaxe de usuarios activos na nosa biblioteca por idade e por sexo, e descubrimos que n o que vai de ano as lectoras superan aos lectores. O noso reto para os vindeiros meses é aumentar o número de lectores, tanto homes como  mulleres,  así que aceptamos suxerencias de compra de libros, xornais, revistas... que poidan ser do voso interés.

Plantas como agasallo polas Letras Galegas

Imagen
Este ano para celebrar as Letras Galegas organizamos un sorteo entre os usuarios , pero ao final decidimos que TODOS os participantes teredes un agasallo:  unha planta de tempada para os usuarios que  levastes en préstamo algún libro en galego durante a semana pasada.  De momento as petunias, begonias e alegrías xa están adornando os nosos andeis, pero agradecemos que pasedes a recollelas o antes posible. 

A biblioteca na prensa local

Imagen
O xornal La Región fíxose eco onte da actividade programada pola biblioteca para celebrar as Letras Galegas. Sortearemos plantas de temporada entre os usuarios para promocionar a lectura en galego. Máis información