Entradas

Clausura do campamento de verán

Hoxe clausúrase o campamento urbano de verán que comezara o 1 de xullo e no que participaron 50 nenos. Para rematar proxectamos as fotos que fixemos nas actividades do campamento: manualidades, guerra de globos de auga, visita á escola de adestramento canino , andaina, etc. Os pais que queiran unha copia das fotos poderán pasar pedilas na biblioteca.

Horario de festas

Biblioteca: mércores 22, xoves 23, venres 24: de  11 a 13.30 horas luns 27 e martes 28: pechada Campamento de verán: luns 27 e martes 28 non haberá campamento Oficinas municipais:  mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas

Programa das festas de Esgos 2012

Imagen

O campamento urbano na escola de adestramento canino "Do Castelo"

Imagen
O campamento urbano de Esgos trasladouse hoxe á escola de adestramento canino "Do Castelo" para que os nenos puideran visitar as instalacións. Comezamos cun percorrido polas canceiras e despois puidemos desfrutar dunha pequena demostración con varios cans. Tamén aprenderon cómo achegarse sen perigo ós cans e como acaricialos. Para rematar todos puideron pasear a unha cadela.

Sábado de película...

Imagen
A película VILAMOR proxectarase en Esgos. Data: sábado 18 de agosto Hora: 22:00 h. Lugar: Praza da Souteira, Esgos. Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/  e en  https://www.facebook.com/vilamorfilme

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"

Imagen
Dentro das actividades do campamento urbano de verán , o luns 13 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que NON haberá actividades para os nenos na praza da Souteira.  Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:  Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.  Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.  Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)

Fotos do "ponlle as pilas ao teu bocata"

Imagen
O martes pola tarde na piscina municipalos nenos puideron participar na campaña "ponlle as pilas ao teu bocata". Esta campaña que promociona os bocadillos de conservas do mar comezou cunha pequena charla sobre as conservas, para continuar con xogos nos que participaron todos os nenos e rematar coa elaboración do seu propio bocadillo. Ademais, todos os nenos recibiron ó final unha gorra e unha lata de conservas como agasallo. As fotos desta xornada poden verse na biblioteca, pero eiquí vai unha pequena mostra: Dentro desta campaña tamén podes participar no concurso "crea o teu propio bocata" e gañar unha nintento 3DS. Máis información en  http://www.ponlleaspilasaoteubocata.com/