Fotos do "ponlle as pilas ao teu bocata"
Esta campaña que promociona os bocadillos de conservas do mar comezou cunha pequena charla sobre as conservas, para continuar con xogos nos que participaron todos os nenos e rematar coa elaboración do seu propio bocadillo.
Ademais, todos os nenos recibiron ó final unha gorra e unha lata de conservas como agasallo.
As fotos desta xornada poden verse na biblioteca, pero eiquí vai unha pequena mostra:
Dentro desta campaña tamén podes participar no concurso "crea o teu propio bocata" e gañar unha nintento 3DS. Máis información en http://www.ponlleaspilasaoteubocata.com/
Comentarios
Publicar un comentario