Tardeo polo día da muller
O Concello de Esgos organiza un ano máis o "Tardeo do 8M" para conmemorar o #8M, día da muller.
📆 Xoves 5 de marzo ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel.
Comezaremos coa charla/obradoiro "Movendo os marcos" de Carmen Penín na que aprenderemos sobre corresponsabilidade, centrándonos na xestión das emocións e do tempo e se darán ferramentas e ideas para o día a día.
Remataramos a xornada cuns petiscos.
Por cuestións de axenda vémonos na obriga de retrasar ao mes de maio o monólogo "Enredadas" de Leti da Taberna.

Comentarios
Publicar un comentario