Plan de lectura provincial

 


O Concello de Esgos súmase ao Plan de Lectura Provincial 2025 da Deputación de Ourense, polo que todos os nenos e nenas menores de 18 anos empadroados no noso Concello poderán beneficiarse dun bono de 20€ para mercar libros co que se busca fomentar o hábito lector dende as idades máis temperás.


📆 Prazo: do 15 de outubro ao 20 de decembro de 2025

👉 Bono lector: ata 20 € para mercar libros nas librarías adheridas da provincia.

🔹 Procedemento:
1. Realizar unha solicitude a través de https://libros.ourense.gal/
2. Unha vez cubertos os datos requiridos recibirás un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co DNI, no establecemento onde vaias facer a compra do libro. (O listado de librerías adheridas a este programa pode consultarse en https://libros.ourense.gal/ )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Escape room na biblioteca

Campamento digital para niños, niñas y adolescentes.