Letras Galegas adicado ás cantareiras


A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlles o Día das Letras Galegas 2025 a sete cantareiras e, a través delas, á poesía popular galega que elas interpretaban. Deste xeito, a Academia recoñece o papel das mulleres na creación e na transmisión literaria, así como o valor da lírica oral, esa que é anónima, que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose... en fin, vivindo nela.


O noso recoñecemento tamén, dende o Concello de Esgos para as cantareiras e pandereiteiras da escola e banda de gaitas de Esgos




Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Samaín

Inauguración oficial da biblioteca