E ti sabes poñer ben o suxeitador?
A experta en lenzaría Bego Bermúdez impartirá unha conferencia en Esgos sobre suxeitador e saúde: levar o suxeitador no seu sitio, coa talla adecuada e no modelo que mellor se adapte á estrutura corporal «achega moitos beneficios, como evitar contracturas, hernias, lumbalxias e ata dores de cabeza».
Bego Bermúdez é asesora de lenzaría, especializada na función do suxeitador para a saúde con máis de 25 anos de experiencia. Colabora con diferentes profesionais da saúde (médicos, fisios…) e realiza consultas de asesoramento en diversos puntos do país nos que ensina ás mulleres para levar correctamente o suxeitador e a saber xestionar a suxeición no día a día, solucionando diferentes molestias e patoloxías ocasionadas por un uso incorrecto do suxeitador.
- Martes 6 de maio ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
Consulta individual gratuíta ao finalizar a conferencia.
Comentarios
Publicar un comentario