Funtastik - No limits

 


O recinto de Expourense acollerá dende hoxe a primeira edición do parque de xogos Funtastik. Non limits, un universo de multi experiencias divertidas e educativas para a rapazada: pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, inchables de salto para os máis pequenos e circuítos de inchables con probas de esforzo e superación. 

Ademáis tamén haberá espazos temáticos dos PITFOS® e LEIGO®, onde atoparán múltiples xogos interactivos onde divertirse mentres fomentan a imaxinación e creatividade.

  • INSCRICIÓNS:

O Concello de Esgos dispón dun número limtado de entradas gratuítas que se entregarán aos nenos e nenas do Concello que o soliciten por orde de inscrición da seguinte maneira:

- Mensaxe ao Whatsaspp da biblioteca (607494439) hoxe venres 4 de outubro entre as 17:30 e as 20:00h.

- Chamada ás oficinas municipais (988290000) de 9:00 a 14:00h

Os menores deberán ir acompañados. Entregarase unha entrada de adulto por familia se hai prazas, senon deberán pagar a entrada (9 €).

  • DATAS:

Os días para os que son válidas as entradas gratuítas son: 7, 8, 9, 10 e 11 de outubro.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Obradoiro creativo polo Día das Letras Galegas

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia