Visita do colexio CEIP O Couto

Hoxe pola mañá recibimos na biblioteca unha visita moi especial: o club de lectura dos alumnos de primaria do CEIP O Couto (Ourense)






Coñeceron as novas instalacións da biblioteca, os servizos que ofrecemos e levaron de agasallo uns marcapáxinas.








Despois, puideron ver algunhas réplicas de pinturas de Parada Justel, no centro cultural que leva o seu nome e asistiron a unha breve charla sobre pintura impartida polo noso veciño, pintor e profesor da Universidade de Vigo, Xavier Riomao.




Queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas e mestras do CEIP O Couto polo agasallo que nos deixaron na biblioteca, e tamén a Xavier Riomao pola súa colaboración desinteresada.




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Obradoiro creativo polo Día das Letras Galegas

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia