Xornada "A administración preto de ti"

Persoal da Subdelegación do Goberno se desprazará ata o noso Concello para explicar o funcionamento da administración electrónica dentro das xornadas «A Administración preto de ti» e emitir o certificado dixital ás persoas que o desexen evitando así desprazamentos

Dende a biblioteca animámosvos a participar, só será necesario acudir co DNI en vigor.



Luns 23 de xaneiro ás 12:30h no Salón de plenos do Concello de Esgos


O certificado electrónico permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, olvidándose de desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas:

  • Solicitar e tramitar subvencións,
  • solicitar ou calcular a idade de xubilación
  • solicitar a tarxeta sanitaria europea
  • obter o informe de vida laboral
  • consultar o saldo de puntos do carné de conducir
  • solicitar a prestación por desempleo, certificado de antecedentes penales, solicitude e renovación de licenzas de armas
  • consultar os datos dos inmobles do titular,
  • Acceder ao historial clínico
  • pagar multas e impostos, etc.

Máis información nas oficinas municipais e na biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Obradoiro creativo polo Día das Letras Galegas