Nova convocatoria para as competencias clave

 



A Xunta convocou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade que requiren deses requisitos académicos.

A presentación de solicitudes finalizará o próximo 7 de abril de 2022 e pode realizarse a través da Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A). 

Os exames nos que se valorarán as competencias das personas participantes en matemáticas, lingua castellana, lingua galega e inglés, terán lugar a finais do mes de xuño no Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

Na biblioteca podedes atopar asesoramento sobre a inscrición, o procedemento, as materias, etc.

Toda a información pode consultarse en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave


Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo