Libros para traballar a igualdade cos máis pequenos

Co gallo do Día da Muller queremos recomendarvos dende a biblioteca dous libros para nenos e nenas dispoñibles online para descargar e traballar na casa, porque se educamos en igualdade viviremos en igualdade! 

Caderno para colorear do libro infantil "Elas son animais"



Os primeiros libros que chegan a nenas e nenos adoitan presentar animais, na maioría das veces en masculino.

Co caderno para colorear do libro "Elas son animais" da Secretaría xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, os máis pequenos e pequenas coñecerán o nome das femias dos seus animais favoritos: cadela, raposa, parrula...

O obxectivo deste libro é que os máis pequenos e pequenas ademais de aprender o nome das femias dos animais, reforcen a súa interpretación como seres fortes, independentes, traballadores...

Podes descargar o caderno aquí

Os Bolechas pola igualdade


Na páxina oficial de Os Bolechas tamén atoparás un libro e un caderno de actividades para descargar e traballar pola igualdade no fogar (https://osbolechas.gal/igualdade/



Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo