Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos o obradoiro "Unha viaxe creativa polas estacións do ano". Xoves 16 de maio ás 18:30h na biblioteca municipal. A academia As Curuxas- aula das ciencias de Allariz desprazarase á nosa biblioteca para impartir este obradoiro, no que se realizarán obxectos decorativos con materiais de refugallo que os participantes poderán levar para casa: - Maceta humanizada con materiais de refugallo - Folla de macramé con fíos de algodón Para participar é necesario inscribirse na biblioteca, xa que as prazas son limitadas. Este obradoiro forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O recinto de Expourense acollerá dende hoxe a primeira edición do parque de xogos Funtastik. Non limits, un universo de multi experiencias divertidas e educativas para a rapazada: pista de patinaxe sobre xeo ecolóxico, inchables de salto para os máis pequenos e circuítos de inchables con probas de esforzo e superación. Ademáis tamén haberá espazos temáticos dos PITFOS® e LEIGO®, onde atoparán múltiples xogos interactivos onde divertirse mentres fomentan a imaxinación e creatividade. INSCRICIÓNS: O Concello de Esgos dispón dun número limtado de entradas gratuítas que se entregarán aos nenos e nenas do Concello que o soliciten por orde de inscrición da seguinte maneira: - Mensaxe ao Whatsaspp da biblioteca (607494439) hoxe venres 4 de outubro entre as 17:30 e as 20:00h. - Chamada ás oficinas municipais (988290000) de 9:00 a 14:00h Os menores deberán ir acompañados. Entregarase unha entrada de adulto por familia se hai prazas, senon deberán pagar a entrada (9 €). DATAS: Os d...
O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para asistir é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do martes 29 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada o xoves 31 de outubro
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarGiaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.