Clases preparatorias para as competencias clave

As competencias clave son os requisitos formativos (Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas, Linguas estranxeiras, Ciencia, Tecnoloxía, Dixital) que permiten o acceso aos cursos dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

As persoas que desexen acceder a un curso de nivel 2 ou 3 e que non teñan ningunha titulación de estudos, teñan o graduado escolar ou non remataran a ESO, deberán superar previamente as competencias clave.

A próxima convocatoria está prevista para xuño de 2014 e por eso neste concello imos impartir clases para os que queiran prepararse para asistir aos exámenes.
Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca

Comentarios

Entradas populares de este blog

Samaín

Día de las bibliotecas: Manual para vivir en el rural

Préstamo de ordenadores a escolares