Verán no rural
Dirixido a: Nenos/as de entre 6 e 12 anos
Data e hora: 18 de xullo de 10.30 a 19.00 horas.
Programación:
- Pola mañá: explicación das actividades e normas de convivencia, xogos e manualidades na praza da Souteira (Esgos)
- Xantar: paseo ata a zona acordada para xantar e tempo de lecer
- Pola tarde: roteiro ata a piscina municipal e xogos na auga, obradoiros, etc.
- 19:00h. finalización da actividade
Debes traer:
- Roupa e calzado cómodo
- Viseira
- Xantar (bocadillo / froita / bebida) e merenda
- Protección solar
- Traxe de baño, toalla e chanclas (para que non vaias cargado todo o día, podes deixar esto na praza da Souteira e entregaráseche na piscina)
Lembrarvos que os nenos tamén poden desfrutar do campamento urbano que se está a celebrar en Esgos durante este mes e o mes de agosto.
Comentarios
Publicar un comentario