Axuda para sacar o carné de conducir
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ó alcance dos mozos entre 18 e 30 anos a obtención do carné de conducir, mediante unha axuda de 200 euros.
Requisitos:
Requisitos:
- Ser titular do carné xove
- Estar en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de 6 meses
- Non ter a unidade familiar ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM
- Obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro
- Superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria organizado pola DXXV.
Máis información en www.xuventude.net
Comentarios
Publicar un comentario